EILA é un proxecto escénico que nace a partir dos poemas de Rosalía de Castroe que se mestura coa pintura do seu fillo, o paisaxista Ovidio Murguía.
Coa intención de compartir a potencia destes dous referentes da cultura galega,
Vanesa Sotelo e Davide González constrúen un espectáculo asentado sobre unha dramaturxiavisual e sensorial.
Unha obra de arte esperta nun almacén esquecido e quere coñecer a súa identidade: Quen é? A quen pertence? Cal é a súa memoria? Cal é a súa intimidade?
Alén do recital, Eila propón unha peza híbrida na que o movemento, a música e a palabra se funden coa intención de desvelar a memoria das voces anónimas que nos habitan e rescatar os referentes que nos rodean.